
O Concello de Dodro vai celebrar a festividade do Samaín cunha cita familiar: O Espantamedos. Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música da compañía Fantoches Baj. Dirixido ao público familiar e recomendado para nenas/os maiores de 5 anos
Será este enres, 30 de outubro ás 17.30 h na Biblioteca Pública de Dodro (Casa da Cultura)
A entrada é libre ata completar aforo.
Estas actuación enmárcase en Ler Conta Moito, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.
Sinopse
O medo, a pesares de facernos vivir momentos indesexábeis, protéxenos de multitude de perigos e situacións que poden resultar prexudiciais, e é por iso que desde sempre os medos tiveron nome e imaxe. En Espantamedos Fantoches Baj propón un conxunto de contos e cancións para enfrontarse a eses medos patrimoniais que dun xeito ou doutro perviven na sociedade galega dos nosos días.
Guión, dirección e interpretación: Inacio Vilariño



