O 14 de novembro celébranse as II Xornadas Micolóxicas de Noia

28 Outubro 2026

O próximo sábado 14 de novembro temos en Noia, grazas ás súas II Xornadas Micolóxicas, unha cita coa natureza, os cogomelos e a gastronomía. Será, en palabras da organización, “unha xornada para aprender, descubrir e gozar da riqueza micolóxica da nosa contorna”.

O programa dará comezo ás 10.00 horas cunha charla teórica no Edificio do Casino co biólogo Xosé Lois Piñeiro, para coñecer mellor o fascinante mundo dos cogomelos. Ás 11.00 horas celebrarase unha saída ao monte (un percorrido pola contorna de Noia para descubrir e aprender a identificar diferentes especies).

Ás 13.15 celebrarase unha demostración gastronómica na Casa da Agra, na praza do Tapal e co cociñeiro Marcos Arufe, que amosará ás persoas participantes na xornada as posibilidades gastronómicas dos cogomelos.

As prazas serán limitadas. As inscricións están abertas e pódese formalizar no formulario en liña habilitado.

Outros artigos

O Curro (Noia) acolle este sábado unha nova foliada aberta

Noia vai celebrar o remate do mes de outubro cunha nova Foliada no Curro, coincidindo co último sábado do mes e, tamén, coa festividade do Samaín. Desta volta a xuntanza (aberta, festeira e participativa) terá formato de Foliada da Arada, e dará comezo ás 18.30 na...

+

Dodro celebra o Samaín co espectáculo familiar O Espantamedos

O Concello de Dodro vai celebrar a festividade do Samaín cunha cita familiar: O Espantamedos. Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música da compañía Fantoches Baj. Dirixido ao público familiar e recomendado para nenas/os maiores de 5 anos Será...

+

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.