Amicos recolleu 197 quilos de lixo na Praia de A Ladeira en Corrubedo

22 Febreiro 2022

Amicos iniciou hoxe as accións de recollida de lixo con empresas do sector recreativo e usuarios locais no marco do proxecto de RE-MAR III: Custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido do Arco Atlántico Galego.
Na xornada, que contou coa colaboración de Grip Surf School, recolleuse 197 quilos de residuos
mariños en a praia de ‘A Ladeira’, en Corrubedo (Ribeira).
Coa axuda dunha ducia de voluntarios da escola de surf galega, as persoas con discapacidade
recorreron a praia de ‘A Ladeira’ na procura de plásticos, madeiras, cordas e produtos contaminantes para o medio ambiente. Entre todos, conseguiron sumar un total de 197 quilos de residuos que o mar foi depositando no areal.
As persoas de Amicos que participaron na actividade como por exemplo Carmen, Javier, Gonzalo
e Sergio, entre outros, mostraron a súa alegría de poder colaborar cos compañeiros de Grip Surf
nesta actividade, pois xa non é a primeira vez que comparten espazo e tempo xuntos.
A escola de surf galega está localizada na propia praia de ‘A Ladeira’, en Corrubedo. Os especialistas en ensinar o imprescindible sobre o Surf levan impartindo clases dende 2015 e contan con máis de 20 anos de experiencia no sector.
RE-MAR é un proxecto impulsado pola Asociación Amicos coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. Este proxecto é complementario ao proxecto LIFE IP Intermares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.