En Ribeira en vía de derrubamento a antiga discoteca ‘Hesta Kurba”, onde se emprazará a futura residencia de maiores

05 Febreiro 2022

A Xunta de Galicia enviou a solicitude de derrubamento da antiga discoteca ‘Hesta Kurba’, onde se emprazará a futura residencia pública de maiores, ao concello de Ribeira. Será o primeiro centro no que se aplicarán as innovacións do novo modelo residencial.
O Goberno galego investirá 10 millóns de euros neste novo equipamento, que contará con 100 prazas distribuídas en módulos de convivencia de 25 residentes, con habitacións individuais e baños adaptados. Ademais, o inmoble estará dotado de máis tecnoloxía para mellorar o benestar dos usuarios, como xa se fixo na residencia pública da Estrada.
Así mesmo, contará con zona axardinada exterior, así como o seu privilexiado emprazamento: ao carón da praia de Coroso e do seu paseo marítimo, e preto do hospital comarcal do Barbanza.
Quilómetro cero
Con este novo centro, Ribeira e a zona do Barbanza serán o quilómetro cero do novo modelo residencial de Galicia. Unha transformación nos coidados residenciais baseado en tres piares fundamentais: unha maior colaboración dos ámbitos social e sanitario, a incorporación da tecnoloxía ás residencias de maiores, e a introdución de melloras estruturais e arquitectónicas para que os centros sexan verdadeiros fogares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.