As obras do alumeado e da reforma da EDAR de Outes comenzarán nas vindeiras semanas

30 Decembro 2021

O Concello de Outes adxudicou dúas importantes obras en materia de eficiencia enerxétia e saneamento público e que suporán un investimento de máis de 1.100.000 €. Trátase, por unha banda, da mellora enerxética do alumeado público do Concello, actuación que ascende a 811.680 € dos cales o Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE) achega o 80%, e o 20% restante o concello. A empresa adxudicataria será CYMI S.A. e as obras consistirán na implantación de tecnoloxía LED para todo o alumeado púbico municipal, coa finalidade de reducir os consumos. O proxecto tamén inclúe a mellora das luminarias no paseo de Pontenafonso e no da praia de Broña. O alcalde, Manolo González,destacou que con esta obra prevese conseguir un aforro de máis de 40.000 € anuais na factura eléctrica e tamén unha importante redución na pegada de CO2 do concello. Sinalou, ademais, que se trata dunha obra para a cal o goberno actual conseguíu unha importante subvención de fondos europeos financiados a través do IDAE xa a finais de 2019.

Por outra banda, este mes de decembro tamén foi adxudicada a obra de reforma e mellora da EDAR da Serra de Outes. Neste caso as actuacións ascenden a 300.000 € dos cales Augas de Galicia achega algo máis de 100.000 €, financiándose o resto con recursos propios. A aduxicataria será a UTE Construcións Cernadas SL e Vazquez e Reino SL. Preténdese substituír boa parte da maquinaria e do cadro de mandos da EDAR da Serra, que leva anos sen funcionar correctamente o cal impide o tratamento adecuado de boa parte das augas fecais que se producen no concello e que derivan a esta EDAR. González destacou que a actuación enmarcase na aposta do executivo local por mellorar o sistema de saneamento, dados os numerosos problemas que amosa. Tamén lle agradeceu a Aguas de Galicia a achega feita, se ben lle pedíu maior implicación na mellora e na xestión da rede de saneamento de Outes, “pois iso revertirá nunha maior calidade das augas da nosa ría”, indicou.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...