A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva do Club Náutico de Muros, que preside Francisco Barreiros. Esta é a primeira xuntanza institucional da presidenta do ente público coa entidade, de recente creación.
No encontro, celebrado na sede de Portos en Santiago, a sociedade trasladou que o seu principal obxectivo consiste na creación dunha escola de vela. Esta iniciativa desenvólvese tamén noutros peiraos autonómicos e para Portos de Galicia é unha liña de actuación necesaria para contribuír á cultura marítima e a náutica de base.





