Falece un traballador nun accidente laboral nun serradoiro da parroquia outiense de Entíns

23 Novembro 2026
  • A vítima atopábase reparando unha maquinaria arredor das dez da mañá cando esta cedeu e lle caeu enriba.
  • O 112 Galicia mobilizou un amplo dispositivo de emerxencia e activou o grupo de intervención psicolóxica para atender á familia e aos compañeiros.

Un traballador perdeu a vida esta mañá tras sufrir un grave accidente laboral nun serradoiro situado na parroquia de Entíns, no municipio coruñés de Outes. O suceso produciuse pouco despois das dez horas, momento no que o servizo de emerxencias 112 Galicia recibiu a alerta e activou un dispositivo de asistencia e rescate.

Segundo a información recollida polos servizos de emerxencia, a vítima atopábase realizando tarefas de reparación nunha máquina das instalacións cando, de xeito repentino, o aparello cedeu e caeulle enriba. Os propios compañeiros de traballo lograron liberalo de inmediato, pero os esforzos resultaron en balde, xa que o operario falecera no acto.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse axentes da Policía Local de Outes —que confirmaron o falecemento á súa chegada—, profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia, os Bombeiros de Boiro e unha patrulla da Garda Civil. Malia a rápida mobilización dos equipos sanitarios e de rescate, non se puido facer nada por salvarlle a vida.

Diante da gravidade do ocorrido e co obxectivo de prestar apoio especializado tanto aos achegados da vítima como ao persoal do serradoiro, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, seguindo as indicacións do técnico de emerxencias, solicitou a intervención dos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Outros artigos

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.