Feijóo, contacto estreito dun positivo, reduce axenda aínda que ten PCR negativa e está libre de corentena

28 Decembro 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rebaixou a súa axenda tras resultar contacto estreito dunha persoa con diagnóstico positivo en covid-19.

Segundo informou o Executivo autonómico, o mandatario galego realizou unha PCR con resultado negativo e, ao estar vacinado coas tres doses, non ten a obrigación de gardar corentena.

Aínda así, a Xunta subliña que o protocolo establece que debe aumentar as precaucións e limitar as interaccións sociais.

Por iso, apunta que reducirá axenda esta semana e informa de que a comparecencia deste mércores, tras o Consello de la Xunta, será telemática, a través de videoconferencia.

O Executivo autonómico tamén confirmou que o contacto estreito do presidente non é positivo de ningún outro membro do Goberno.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.