En Ribeira ábrese o prazo para solicitar axudas ós centros educativos e ANPAS do concello

28 Decembro 2021

O concello de Ribeira saca unha partida de axudas destinadas a centros educativos públicos e concertados, así como ás súas ANPAS, co obxectivo de fomentar as actividades extraescolares que desenvolven no municipio.
A contía total destas subvencións será de 6.000 euros. O prazo para solicitalas comeza o 29 de decembro e terá un mes de duración.
Poderán adherirse a esta liña de axudas tódolos colexios públicos e concertados nos que se imparta ensinanza regrada e as asociacións de nais e país pertencentes ós centros.
As entidades beneficiarias deberán ter o seu domicilio social no concello de Ribeira e contar cun número mínimo de 20 socios.
Ademáis, as actividades extraescolares ou viaxes educativos deberán terse realizado no exercicio 2021, para poder optar a estas subvencións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.