Ómicron aínda está por chegar, crece pero aínda é minoritaria tanto en Galicia como en España

21 Decembro 2021

A nova variante salta no 20% dos casos secuenciados na última semana en Galicia, o resto aínda son de Delta. En España, *Ómicron (42%) aínda non desprazou a Delta (58%), pero comeulle máis terreo.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou de que Galicia rexistra ao redor de 40 casos secuenciados da variante ómicron ( B.1.1.529) . Ademais, lembrou que Galicia segue incrementando a capacidade diagnóstica e estenderá a todas as áreas as PCR gratuítas para a poboación xeral.
O responsable da sanidade galega lembrou que desde o 25 de novembro a aparición de ómicron entrou como un novo factor, polo que Saúde Pública segue monotorizando a evolución e “preocupados” e facendo seguimento dos casos en todas as áreas para observar a evolución. Segundo datos de hoxe, xa hai 40 casos confirmados desta variante, máis contaxiosa e da que se sospeita pode ser menos virulenta.
Comesaña destacou a capacidade diagnóstica da Comunidade galega, coas probas nas farmacias (que non se computan a nivel xeral), o covid auto, agora os test infantís e as PCR, que agora se estenderán aos 14 distritos sanitarios de Galicia, tras iniciarse na provincia de Pontevedra e empezar en Santiago de Compostela este mesmo martes, tal como recollemos en “obarbanza.gal“.

Estas probas poderán ser sen cita previa, con autocita ou programada, “unha ferramenta máis” da que Galicia dispoñerá para frear o avance da pandemia.

O Conselleiro dixo que a dispensación dos test en farmacias para nenos de 5 a 11 anos leva a cabo con normalidade. Esta prescrición incorporouse ás tarxetas sanitarias dos menores, un grupo de idade que xa arrincou o proceso de inmunización en días pasados cun nivel de adherencia do 87 por cento.

Os test empezaron a enviarse o venres pasados e, cando se terminan, vanse repoñendo nas oficinas de farmacia. “As cousas van con normalidade”, asegurou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...