O Hospital da Barbanza e o CHUS contarán con puntos para PCR de balde

21 Decembro 2021

A área sanitaria de Santiago-Barbanza súmase á iniciativa posta en marcha polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS) noutras áreas de Galicia e habilita, desde este martes, 21 de decembro, dous puntos onde se realizarán probas PCR para detectar coronavirus de forma gratuíta e sen necesidade de solicitar cita previa para aquelas persoas que non presentes síntomas. Xa que, nese caso, deberán poñelo en coñecemento do seu médico de familia.

Ambos os puntos estarán nos dous hospitais públicos de referencia da área, tanto no Clínico Universitario de Santiago como no Comarcal do Barbanza, situado en Ribeira. No caso do CHUS, a sala de extraccións situarase no terceiro piso do edificio de hospitalización e terá acceso directo desde o aparcamento da área de laboratorio. Pola súa banda, o o hospital barbancés o punto de toma de mostras estará situado na Sala 10 do piso 0.

E, en ambos os casos, o horario no que funcionarán é vespertino, abrindo desde as 15.30 horas da tarde ata as 21.00 horas, salvo o día de Noiteboa, o 24 de decembro, que adiantarán o peche ás 19 horas.

Tanto os días de Nadal, 25 de xaneiro, como en de o Aninovo, o 1 de xaneiro, ambos os puntos de recollida de mostras para realizar PCR gratuítos e sen cita estarán pechados.

TAXA DE POSITIVIDADE DISPARADA Ao 22 %

Con esta decisión, o SERGAS reforza o traballo de detección de coronavirus na área sanitaria de Santiago-Barbanza onde se rexistra desde fai un par de semanas un incremento notable dos contagios e, polo tanto, dos casos activos que este luns sitúanse por encima dos 1.600 e unha taxa de positividade que, segundo os datos publicados na web coronavirus. sergas. gal, disparouse ao 22 %.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.