“Amiguiños coma sempre”. Antón Luaces

18 Decembro 2021

​Dende o 1 de xaneiro de 2022 os arrastreiros portugueses non poderán vender as súas capturas nas lonxas galegas antes de que o fagan os barcos de arrastre galegos ou con base en portos do Cantábrico Noroeste. Tampouco poderán pescar na fin de semana e, amáis, deberán respectar os horarios establecidos en augas españolas para os barcos nacionais. Os arrastreiros lusos tampouco poderán empregar os trens de bolos para pescar en augas de España comprendidas entre as 12 e as 200 millas da costa atlántica da península Ibérica. 

A trintrena de barcos de arrastre de Portugal que teñen licenza para faenaren nas augas españolas están obrigados a respectar os tamaños de mallas dos seus aparellos e tamén os das especies obxectivo, ao igual que as prohibicións que rexen aquí e mesmo os dispositivos en España vetados. 

Todas estas normas figuran no novo pacto bilateral asinado vai seis meses por Luis Planas e Ricardo Serrâo, ministros de Agricultura, Pesca e Alimentación de España e do Mar, de Portugal, respectivamente. 

Esta normativa entra en vigor 35 anos dempois de innumerables queixas e denuncias dos arrastreiros galegos e do resto do Cantábrico debido a que os buques lusos podían faenar durante a fin de semana (cando os españois obrigatoriamente tiñan que descansar) e de que as embarcacións lusas practicaran aquí, en augas da costa española, unha pesca que para os nacionais estaba -está- prohibida. De entrada serán cinco anos de maior igualdade entre a frota lusa e a española, sen que prevalezan ningún tipo de vantaxes para un ou outros e, obviamente, se eliminen os agravios que, especialmente en Galicia e Asturias se mantiñan en detrimentos dos barcos de pavillón español. Tendo en conta, amáis, que de eses 30 arrastreiros portugueses, varios deles son propiedade de armadores galegos.

Definen tamén ese acordo hispano-luso as condicións que rexen para a pesca das gamelas, dos cerqueiros autorizados a pescar dentro das 12 millas de augas territoriais e as dos 44 pesqueiros españois (e outros tantos portugueses) autorizados a pescar en augas das 12 millas da fronjteira do río Guadiana, nas que se suscitaron algúns enfrontamentos e mesmo apreixamentos entre os pescadores e as forzas da Lei.

Para os arrastreiros galegos, en especial, remata así a evidente deslealdade practicada polos nacionais de Portugal.

Medidas longamente reclamadas e que, finalmente, se acollen á lexislación válida en España para os barcos desta nacionalidade que os lusos deberán agora respectar con todas as consecuencias.

É dicir: “amiguiños coma sempre, pero a vaquiña polo seu prezo”.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.