Novo número, de balde, da nosa edición de Código Cero, revista de I+D+i de Galicia

11 Decembro 2021

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero, o 221, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose  descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos avances na transformación dunha fábrica de armas nun grande espazo de coñecemento: a Cidade das TIC. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O servizo farmacéutico de Santiago e Barbanza lanzan unha app pioneira
– O CITIC presenta unha nova edición do seu revolucionario proxecto Talentos Inclusivos
– A ESEI do Campus de Ourense achega unha manchea de actividades formativas
– Crónica da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia do CPEIG
– Youtubeiras, Carballo Interplay e Galetiktokers galeguizan a Rede con novos contidos
– Operadoras e administracións comparten as súas últimas novidades en cobertura
– A Xunta adquirirá medio cento de robots para axilizar trámites e reducir tempos de traballo
– Digitalent achegará 30 actividades para fomentar as vocacións TIC da xente máis nova
– Gradiant e EnergyLab xuntan forzas para achegar ás pemes a enerxía intelixente
– AJE Ferrolterra e AJE Vigo distinguen varios proxectos TIC nos seus premios anuais
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Fernando Suárez, do CPEIG, achéganos aos pormenores da nova revolución industrial
– Política Lingüística convoca unha nova edición dos Premios de Publicidade en Galego
– Chega a aplicación móbil dos xogos populares galegos
– A nova edición do Culturgal puxo o foco no ámbito dos videoxogos

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.