Os desafíos do modelo cultural que nos deixou a pandemia, a debate en Boiro da man da Deputación da Coruña

29 Novembro 2021

A Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Boiro, vai organizar esta semana unha xornada na que avaliar e mostrar os grandes desafíos do novo modelo cultural que nos deixou a pandemia, xuntando recursos para acadar, en última instancia, un sistema máis sustentábel social, ambiental e economicamente. Trátase da última xornada deste ano no marco do programa A Cultura é un Dereito, que organiza a área de Cultura da Deputación da Coruña co obxectivo de abrir un marco formal de reflexión ligado ao momento de crise aberto tras a aparición da pandemia e atendendo tanto ás necesidades detectadas no sector e como a novas demandas da sociedade.

Así, a xornada Cultura Sustentable, o reto postCOVID celebrarase o mércores 1 de decembro no Centro Social de Boiro e dará comenzo ás 16.00 horas da man do deputado de Cultura, Xurxo Couto, e do comisario da xornada e técnico cultural, Alberto García. Ambos abordarán a dimensión sustentábel da cultura “partindo da necesidade de reformular as formas de traballar” e tendo presente que a cultura, amais dun recurso económico, é un dereito cidadán”.

O primeiro bloque de intervencións centrarase na sustentabilidade ambiental e social, coa participación de María Baqueiro, experta en cultura mantíbel, rendíbel e respectuosa co medio en Galicia, e Joam Evans, integrante da comunidade de montes de Froxán. A conversa será moderada por Miguel Rial, do colectivo Fousas ao Monte. Seguiralle unha presentación de casos de proxectos sustentábeis, que se centrará no Laboratorio Ecosocial do Barbanza e no Festival Agrocuir, e será conducida por Fran Quiroga, coordinador do estudo de cultura e sustentabilidade do Consello da Cultura Galega.

O segundo bloque estará dedicado á sustentabilidade política, e será guiado pola poeta e activista Charo Lopes e contará coa participarán David Rodríguez, autor do blog O funambulista Coxo, e de representantes de Rexenerando Cooperativa (cooperativa sen ánimo de lucro fundada no 2014 en Ferrolterra, conformada por un equipo interdisciplinar que desenvolven proxectos de intervención sociocomunitaria para a xustiza social, co obxectivo de rexenerar as vidas e os vínculos colectivos).

O último bloque da tarde centrarase na sustentabilidade económica e versará sobre a precariedade no sector da cultural. Consistirá unha conversa sobre o Manual de supervivencia na cultura galega, na que participarán o xestor cultural especializado no ámbito dixital, Sergio Lago, a xestora cultural e xornalista María Yáñez e o técnico cultural Alberto Garcia. Entre os diferentes bloques e ao remate da xornada, intervirán AldaoLado (o dúo poético-activista formado por María Lado e Lucía Adao).

Todas as intervencións serán retransmitidas en streaming a través da canle de Youtube da área de Cultura da Deputación da Coruña e serán interpretadas en lingua de signos.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...