Boiro acolle os días 12 e 13 de xullo a primeira edición do Bacanito Fest

16 Maio 2024

O Concello de Boiro colabora coa organización da primeira edición do Bacanito Fest, un festival de música previsto para os días 12 e 13 de xullo en Valiño. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este 16 de maio na presentación do evento xunto con Mateo Fajardo e Diego Tercero, da organización.

Segundo indicaron, para dar a coñecer este festival, o xoves 16 de maio celébrase a Bacanito Party, unha festa ao aire libre que dará comezo ás 22.00 horas na explanada do skatepark de Boiro con actuación de Axel Verdier, Coro, Diego Tercero, Mateo Fajardo, Mateo Abelleira e Kai Prado. “Con esta actividade buscamos promocionar o gran festival do mes de xullo, cun evento gratuíto e no que van participar dous DJ de Mallorca e tres da comarca e para axudar aos locais de Boiro farán a post-festa na Pousada”, afirmou Diego Tercero.

Os detalles do Bacanito Fest para os dias 12 e 13 de xullo iranos anunciando a través das redes sociais do festival coas novas fichaxes de artistas. Polo momento están confirmados Mateo Abelleira, Mateo Fajardo, Maqui, Lustres, Dumore, Recho… e outros moitos. “Dende o Concello estamos moi contentos de apoiar esta nova asociación creada ca ilusión de ter máis actividades culturais no noso termo municipal e na comarca do Barbanza cun proxecto tan grande que nace este ano e esperemos que se consolide”, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral.

As entradas para o Bacanito Fest están xa á venda e poden conseguirse online a través das redes sociais oficiais do festival, por exemplo en Fourvenues.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.