Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

16 Maio 2024

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro.

Á chegada dos bombeiros as persoas implicadas no accidente estaban fóra do vehículo sinistrado. O condutor do mesmo indicou que por unha indisposición perdeu o control do automóbil na entrada dunha rotonda, causando que o coche rematara nun rego de pluviais subido ao terraplén de acceso ao polígono.

As persoas ocupantes e o condutor foron trasladados ao seu domicilio e a limpeza da vía foi levado por operarios de mantemento da AG-11.

No operativo tamén participou a Garda Civil de Tráfico de Santiago de Compostela e o 061 e Protección Civil de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.