A mala previsión climática obriga a cambios na XIII Romaría das Letras do Pazo de Goiáns (Boiro)

15 Maio 2024
Presentación do programa da Romaría a comezos de maio

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Cultural Barbantia, organizan o venres 17 de maio a XIII Romaría das Letras que terá lugar no Pazo de Goiáns.

O Concello e Barbantia comunicaron este 15 de maio que foi necesario introducir unha serie de cambios no programa por mor das condicións climáticas adversas. En termos xerais, a actividade trasladarase ao interior do Pazo, onde se realizará a feira de artesanía e literaria, o fotocol con roupa tradicional, a exposición dedicada a Luisa Villalta e o obradoiro de ourivería. Tamén se levarán a cabo no interior os concertos de Alana e Os Melidaos e as presentacións literarias.

Ás 11.30 horas dará comezo o programa coa apertura do recinto da Romaría. As 12.00 horas abrirá a feira artesá e literaria; o fotocol con roupa tradicional cortesía da asociación Xilbarbeira; unha exposición dedicada a Luisa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024; e un obradoiro de ourivería con Susi Gesto.

Ás 12.30 horas desenvolverase un roteiro botánico pola leira do Pazo a cargo de Xulio Gutiérrez Roger e ás 13.30 horas haberá no interior do edificio unha actuación de Alana Trío.

O xantar popular está previsto para as 14.30 horas.

A programación de tarde comezará ás 16.00 horas co acto institucional seguido das presentacións literarias de Carme e a serea Mariña de Ana Rial cun paseo teatralizado con Marta Ríos. Ester F. Carrodeguas presentará Iribarne; e Beatriz Maceira, Eli Ríos e Laura Suárez presentarán a publicación Alma de violino.

As 19.00 horas dará comezo un concerto de Os Melidaos e ás 22.00 horas está previsto o remate da XIII Romaría das Letras no Barbanza.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.