A aula CeMIT de Ribeira introduce á cidadanía nos usos do certificado dixital e o eDNI

16 Novembro 2021

A aula CeMIT de Ribeira desenvolverá entre o 22 e o 25 de novembro un novo curso sobre sede electrónica en horario de 11.30 a 13 horas. Segundo informa o Concello, o temario comprenderá por unha banda o certificado dixital (solicitude, instalación, realización de copias, probaturas en diferentes situacións) e pola outra as funcionalidades do DNI electrónico en materia de eAdministración (activación de certificados, cambio de clave, manexo, etc.).

As inscricións, de balde, pódense realiza na propia aula CeMIT (en Cubeliños, debaixo da Escola Infantil Municipal) ou ben na ligazón propia deste centro de divulgación e dinamización TIC.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.