O BNG solicita actuacións en varias vivendas abandonadas en Padín- Ribeira

16 Novembro 2021

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou unha nova iniciativa para que o Concello de Ribeira realice, de maneira urxente, tarefas de consolidación da fachada de varias vivendas en Padín que presentan importantes gretas e fisuras que poden producir desprendementos. Ademais disto, é preciso, din, realizar un saneamento da vexetación que hai en todo o entorno para evitar danos persoais.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, informou de que xa no mes de abril se solicitou a actuación do concello pero a día de hoxe nada se fixo e a situación empeora día a día porque xa hai unha palmeira tamén a piques de caer. Segundo Barral é necesario realizar actuacións urxentes para consolidar as fachadas das vivendas que eviten a caída de cascallos. “Até o de agora non houbo problema polas importantes gretas que presentaba unha das vivenda pero en calquera momento de vento forte ou temporal hai partes da fachada que poden virse abaixo” apuntou.

“Débese actuar xa para evitar riscos e danos persoais” asegura o edil que lle preocupa que en calquera momento poida desprenderse máis anacos habendo xente no lugar. Desde o BNG uxen ao executivo local a que interveña ante unha situación que cualifican de moi perigosa ao atoparse unha praza pública e ao ser unha zona polas que pasan centos de persoas diariamente para ir ao coñecido supermercado que hai alí.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.