Rianxo aproba unha subida do imposto de vehículos acorde co IPC

30 Outubro 2021

O Pleno de Rianxo aprobou un aumento do tributo sobre vehículos de tracción mecánica para o 2022. É o único dos impostos municipais que se toca, e faise para actualizalo co IPC, que está previsto que suba en torno ao 4 %, segundo explicou o edil de Facenda.

A subida sitúase nunha media de dous euros ao ano por veciño. Nos vehículos de menos de oito cabalos situarase nos 18,79 euros, e nos de oito a 12 cabalos, nos 50 euros. O imposto aos turismos incrementarase, de media, nuns seis euros.

Durante a sesión tamén se aprobou por unanimidade un pago de facturas, que non entraban dentro dos orzamentos, por un importe de 93.495 euros. Previamente, o pleno dera luz verde a dedicar ao abono desta débeda 11.661 euros que sobraran dunha das cotas pagas ao Consorcio pola escola infantil.

O resto de tributos permanecen intactos e que a intención é equilibrar o gasto que previsiblemente se derivará da subida do prezo da electricidade, que tamén afectará o abastecemento de auga, e da actualización dos salarios dos funcionarios.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...