O Puebla e Boiro buscan unha nova vitoria

23 Outubro 2021

P.P. Logo dos bos resultados acadados polo Puebla e polo CD Boiro na pasada xornada, onde gañaron 3-0 e 0-4 ao Estudiantil e Xallas, ambos conxuntos tentarán manter as boas sensacións. 

Por un lado os da Alta visitarán ao Laracha, un rival en horas baixas, situado na parte baixa da clasificación con tres puntos. Os de Jesús Mella parten como favoritos e máis logo das boas sensacións deixadas na anterior xornada. Os pobrenses buscarán un triunfo que os aúpe na clasificación e engancharse aos poltos altos da táboa. O encontro disputarase o domingo ás 17:00 horas no Municipal de Laracha.

Doutra banda, o Boiro recibirá ao Sigüieiro, un equipo mozo, e que se caracteriza polo bo trato de balón. O filial do Compostela está adestrado por Cardeñosa, un vello coñecido no Barbanza. Diego Rivas e Pablo Pérez voltarán á casa, actualmente nas filas dos de Sigüieiro. Aínda que os boirenses teñen a vitola de favoritos, agárdase un encontro moi disputado. O partido xogarase o sábado a partir das 17:00 no Municipal de Barraña.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.