O Portus Apostoli consegue a súa cuarta vitoria consecutiva fronte ao Bisontes Castellón (7-2)

04 Outubro 2021

PP.- Pleno. 12 puntos de 12 posibles para o Noia FS na Segunda Divisións Nacional. Desta vez a vítima foi o Bisontes Castellón, que viu como os de Marlon Velasco lles remontaban o 0-2 inicial para logo saír goleados do Agustín Mourís por 7-2. Unha segunda parte de total superioridade fixo que o marcador aumentara ata consagrar unha goleada que consolida ao Noia FS no liderato. O arxentino Power Raggiati valorou a reacción do equipo e mostrouse moi feliz pola vitoria.

Un mal inicio de encontro por parte dos noieses fixo que os castellonenses se foran atopando cómodos, o que provocou o 0-1 de Yera logo dun despiste en defensa. Reaccionaría o Noia que se topaba co gardaredes visitante en calqueira tentativa. As cousas poñeríanse máis difíciles, logo de que un despexo de Gambín se convertira nun golazo de campo a campo para poñer o 0-2 no electrónico. Partido costa arriba, que se puxo peor aínda coa expulsión por cartón vermello directo a Palmas. E cun xogador menos apareceu o mellor Noia. Bruno Gomes poñía o 1-2 e no 14 Edu Jabá nunha xogada de estratexia empataba o partido. Dous minutos antes do descanso, o Agustín Mourís tornaba en tolemia co gol de Bruno Gomes para consumar a remontada, 3-2 ao descanso.

Á volta dos vestiarios a situación foi ben diferente ao comezo do encontro, un Portus Apostoli crecido e coa moral pola nubes. Así caeron os goles dos pes de Pirata , Power, Altamirano e Joaki que completarían a goleada para o definitivo 7-2.

O Noia FS voltou a dar unha auténtica exhibición de carácter e xogo, que lles serve para manterse no máis alto unha xornada máis cun pleno de triunfos. A próxima semana os de Marlon Velasco quedaranse en Noia por segunda xornada consecutiva para recibir a visita do Movistar Inter B na quinta data do campionato ligueiro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...