Queima simbólica de facturas en Ribeira en protesta polo prezo da luz

03 Outubro 2021

Centos de persoas participaron este domingo nas mobilizacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG) en 24 concellos galegos, entre eles Ribeira, contra “a estafa da luz” e para “reclamar” a recuperación das centrais hidroeléctricas, a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega e que “se recoñeza a enerxía como un dereito universal”.

Nas protestas realizouse unha queima simbólica de facturas “como acto de desagravio”, pero tamén como de “reivindicación contra unhas eléctricas que, mentres acumulan beneficios multimillonarios, abocan á clase traballadora á pobreza enerxética”.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carri explicou na concentración de A Coruña que con esta xornada se pretende esixir aos gobernos políticas que freen a escalada imparable da factura eléctrica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.