‘Mai Mai’ chega a Ribeira para promover a igualdade e o uso do galego

13 Setembro 2019

20190913. Ribeira dará cabida este sábado 14 á nova proposta Mai Mai, da man de Baobab Teatro baixo xestión de Culturactiva. Esta cita enmárcase na campaña ‘Nós contra a violencia’ posta en marcha este verán pola Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e da Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, cos obxectivos de dinamizar a lingua galega e sensibilizar contra este tipo de violencia.

Ao acto de presentación desta cita asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; a concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz; e a actriz Andrea Bayer, quen é tamén responsable de Baobab Teatro e protagonista do espectáculo.

O representante da Consellería de Cultura e Turismo destacou “que Mai Mai integra a perspectiva de xénero e que introduce elementos para a reflexión e para o traballo en prevención da violencia, para alén de ofrecer unha alta calidade escénica e de traballo actoral”, convidando “tanto ás familias de Ribeira e do Barbanza coma ás do resto de Galicia a participaren nas funcións da xira que está a desenvolver Baobab Teatro polas catro provincias, da man do programa ‘Nós contra a violencia’.”

Mai Mai é un espectáculo de Baobab Teatro dirixido a nenos de máis de 5 anos e ás súas familias. Nel trátanse temas como a igualdade, o apoderamento da muller e a prevención da violencia de xénero, alén doutros como a concienciación ecolóxica.

No marco da campaña ‘Nós contra a violencia’, Mai Mai chegará este outono aos concellos de Cedeira, Lalín, Ribeira, A Rúa, Ponteareas, Arteixo, Ribadavia e Muros, todos eles incluídos na Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

A función do sábado en Ribeira está prevista para as 19.30 horas no Auditorio municipal, sendo a entrada libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

Ademais da citada actividade, o programa ‘Nós contra a violencia’ ofrece numerosas propostas escénicas e materiais para traballar en dinamización lingüística e sensibilizar conta a violencia de xénero. Entre elas, inclúese tamén o espectáculo O rueiro das liortas, da compañía do Elefante Elegante, unha proposta que afonda no papel das mulleres nas relacións de parella e que botará a andar en concellos da RDL no mes de novembro.

Dentro das propostas musicais, a campaña ofrece o espectáculo A Roda da igualdade: ela e eles, así como obradoiros para pais e nais no marco do proxecto ‘Igual-Son’, con música, danza e contacontos, guías educativas sobre prevención da violencia de xénero na mocidade e outros materiais educativos centrados nos riscos e potencialidades das redes sociais e un manual práctico de ferramentas educativas para prever a violencia contra as mulleres, entre outras iniciativas que se irán dando a coñecer nas vindeiras semanas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.