Intervidos 780 quilos de sardiña en Ribeira nun pesqueiro

05 Maio 2024

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña confiscou 779 quilogramos de sardiña no porto de Ribeira provenientes dun barco pesqueiro que excedía o límite máximo de capturas permitido.

Garda Civil

Segundo o comunicado emitido polo Instituto Armado, a Unidade realizaba unha patrullaxe na zona do porto da localidade coruñesa cando observaron a chegada dun barco pesqueiro. Tras realizar un control das capturas a bordo, constatouse que se rexistraran un total de 2. 500 quilos, o límite máximo permitido para ese tipo de embarcación.

Porén, ao finalizar a descarga, os axentes descubriron que o peso real das capturas era de 3.279 kilogramos en lugar dos 2.500 kilos declarados inicialmente.

Por conseguinte, levantaronse as actas-denuncia correspondentes á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia por infradeclaración de capturas e por exceder os límites autorizados, procedendo á confiscación dos 779 kilogramos de exceso.

As sardiñas incautadas foron posteriormente entregadas a unha organización benéfica, tal como explicou a Garda Civil nun comunicado de prensa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.