O Concello de Ribeira amplía con accións de sendeirismo o programa de dinamización para maiores

13 Setembro 2021

O Concello de Ribeira ampliou a listaxe de actividades de dinamización social para os maiores do municipio. Fíxoo cunha serie de saídas de sendeirismo dende as parroquias.

En total, serán seis actividades de lecer saudábel as ofrecidas ao abeiro do Programa de Dinamización Social e Cultural das Persoas Maiores que promove a Concellería de Servizos Sociais. Prolongaranse entre mediados de outubro e o vindeiro mes de xuño de 2022.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, acompañada da xefa de servizo deste departamento, Francisca Vidal, debullou este 13 de setembro as accións que forman parte do programa, entre as que terán lugar as xa consolidadas como os obradoiros de estimulación da mente (obradoiros de memoria), de enriquecemento educativo ou de lingua e cultura galega. Tamén está programado un taller de artes plásticas con Fernando Yáñez. A gran novidade serán, como dixemos, as saídas de sendeirismo dende distintas parroquias.

Ximnasia adaptada

Ademais, sinalaron Barreiro e Vidal, “dado o interese manifestado por moitos usuarios para que se retome a ximnasia adaptada, que o pasado ano non puido ter lugar debido á COVID, abrirase un prazo de preinscrición no que queda de mes para coñecer cantas persoas desexarían participar e poder reagrupalas”.

Así mesmo, tocante ao resto de actividades as inscricións están abertas e pódense formalizar tanto na Oficina de Atención Cidadá como no Departamento de Servizos Sociais ao longo do mes de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...