Xerais lanza este mes de setembro a agardada novela Trávelin, do ribeirense Antonio Piñeiro

10 Setembro 2021

O mundo editorial galego vén este outono que se aveciña ateigado de novidades, unha manda considerábel de libros que nos van axudar a sobrelevar os reveses pandémicos e a volta definitiva dos temporais e outras inclemencias e adversidades. Entre as principais novidades da tempada está, este mes de setembro, a novela Trávelin do ribeirense Antonio Piñeiro, gañadora da vixésimo sétima edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta convocado polo Concello do Grove, cun prestixioso xurado formado por Alberto Avendaño, Armando Requeixo, Ánxela Rodríguez, Mario Regueira e Ignacio Vidal Portabales.

Argumento

Santiago de Compostela, en pleno apoxeo da movida dos oitenta, vibra na noite do xoves. Centos de estudantes universitarios móvense polas rúas do ensanche. Unha nova no Telexornal dá conta dun achado nun vehículo abandonado entre as silveiras da periferia. A cámara de televisión evoluciona sobre o suceso coma nun trávelin ata a imaxe final, na que o inspector Alaín examina o escenario. Ese é o punto de partida da pescuda que o leva por toda a cidade, percorrendo os locais de moda e sacándolles aos informadores de confianza as pistas para capturar a quen está detrás dos graves feitos relacionados co caso.

O autor

Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962), como lembraremos, é un dos escritores da nosa comarca máis recoñecidos, prestixiosos, innovadores e prolíficos. Atesoura numerosas distincións tales coma o García Barros, no 2011, por As fiandeiras, ou o Torrente Ballester, no 2017, por A través do fume, ao que se engaden, entre outros, o Premio Xosé Neira Vilas por Esca do profesor ou o Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira por Celada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.