Catorce ofertas presentadas ás obras de pavimentado e pluviais na transversal de Ramiro Carregal, no Polígono de Xarás

30 Agosto 2021

Rematado o prazo para a presentación de ofertas para as obras de pavimentado e pluviais na transversal de Ramiro Carregal, no Polígono de Xarás, foron catorce as empresas presentadas á actuación referida, segundo informou o Concello de Ribeira.

De acordo co proxecto elaborado por técnicos municipais, habilitarase no centro da calzada un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e construiranse arquetas sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado localizados a cada 20 e 40 metros, respectivamente.

Tamén se dotará á rúa transversal dun novo pavimento de aglomerado asfáltico en quente logo de demoler o actual, xa deteriorado.

Achega da Xunta

O orzamento base de licitación ascende a 91.503,56 euros, IVE incluído, e o prazo de execución son dous meses. A actuación está financiada pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas a habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.