Detido un home cando tentaba fuxir tras roubar un bar de Bretal

27 Agosto 2021

Axentes da Policía Local de Ribeira e da Policía Nacional detiveron a un home, de 52 anos de idade e veciño de Castiñeiras, cando supostamente tentaba escapar tras roubar nun bar situado en Bretal.

O home, que supostamente estaba acompañado por outras dúas persoas que si lograron fuxir, levaba no coche diñeiro, bebida e tabaco. Os ladróns entraron no establecemento tras romper un dos cristais da ventá, o que alertou aos propietarios, que se decataron a tempo para recuperar parte da mercadoría subtraída. Dous traballadores do local lograron retelo cando quería marcharse no seu coche, o que permitiu que os axentes chegasen a tempo para detelo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.