En Ribeira “Andaina Virtual polo Alzheimer”. Nova edición da andaina ‘Os Camiños da Memoria’

18 Agosto 2021

O día 27 de agosto Agadea Alzhéimer en Ribeira celebrará a súa tradicional Andaina ‘Os Camiños da Memoria’. Esta edición ao igual que do ano 2020 terá carácter virtual debido a situación de pandemia.
As persoas que desexen participar deberán mandar unha foto ao whatsapp 672 705 053 cun momento da súa andaina. Ademais do seu nome deberá indicar a distancia percorrida. As fotos recolleranse ata o día 25 de agosto e con todo o material, o día 27 publicárase un vídeo conmemorativo que no se dará conta de todos os quilómetros percorridos pola Alzhéimer baixo o hashtag

QuilómetrosPoloAlzhéimer.

Aquelas persoas que o desexen tamén poderán obter o seu Dorsal Solidario descargándoo da web ou solicitándoo persoalmente no Centro de día Alzhéimer de Ribeira.
Tamén poden facerse co Dorsal 0 cunha doazón en www.agadea.org

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.