En Ribeira aberta a “I Mostra de Talleres Artesanáis e Culturais” no Museo Municipal

13 Agosto 2021

Desde este venres día 13, as 20.30 a Asociación de Aires de Dorna das Amas de Casa de Riveira, inaugura no Museo Municipal de Ribeira a I Mostra de Talleres Artesanáis e Culturais.

Unha mostra sobre a cultura que crean nosas socias nos distintos talleres desta Asociación conservando a tradición traballando bolillos, bainicas, bordado,calceta e costura, xunto con fotografías do proceso de aprendizaxe nos obradoiros da asociación.

Dende a Directiva queren agradecerlle ós profesores e tamén as alumnas todo o traballo desenrolado o longo deste tempo, así como a súa boa disposición e colaboración cedendo as súas obras para a realización desta exposición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.