Colmeiro, Seoane, Picasso e Vertès centrarán unha nova mostra no Museo do Gravado

09 Agosto 2021

Este venres 13 celebrase no Museo do Gravado de Artes (Ribeira) a inauguración da exposición Un humanismo moderno. Colmeiro – Seoane – Picasso – Vertès. Será ás 20.30 horas na sala 1 do museo. Contarase coa presenza do presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.

A mostra, que ficará aberta até o 13 de outubro, é un achegamento a dúas figuras cimeiras da arte galega, Manuel Colmeiro e Luís Seoane, que “no exilio arxentino e durante os anos corenta desenvolven unha estética con resonancias clasicistas”. En diálogo con estes autores, o Museo do Gravado expón a famosa Suite Vollard de Pablo Picasso, cen gravados feitos en diversas técnicas (buril, punta seca, augatinta ao azucre e augaforte), elaborados entre setembro de 1930 e xuño de 1936 e as ilustracións de Dafnis e Chloé (1954) realizadas polo artista de orixe húngara Vertès, un gravador afincado en Francia que desenvolve unha obra con referencias picassianas nos mesmos anos que os traballos dos devanditos artistas galegos exiliados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.