Os veciños do ribeirense barrio de Bandourrío quéixanse da escaseza de efectivos e a falta de coordinación entre os corpos de seguridade.
Os actos vandálicos que están a soportar os veciños do barrio de Bandourrío do que vimos informando en O Barbanza desembocaron nunha protesta na praza do Concello de Ribeira para solicitar mais policia e coordinación entre os distintos corpos. O presidente da Asociación Social e Cultural Bandourrío José Ramón Oujo dixo que a xente está cansa de chamar e que digan que non podar vir porque están noutra cousa.




