O PSOE de Ribeira pide tomar medidas inmediatas contra o vandalismo

21 Xullo 2021

O grupo do PSOE-PSdG de Ribeira anunciou que presentará ao pleno da Corporación unha pregunta relativa á escalada de vandalismo que se está a rexistrar en diferentes barrios da cidade, sendo a zona histórica de Bandourrío unha das principais prexudicadas, tal e como se puido comprobar esta pasada fin de semana, ao aparecer coches estacionados con espellos rotos, rodas picadas ou rodeados de cinta adhesiva de papel. A estes feitos súmanse tamén os acontecidos na rúa Escorial, onde foron queimados varios contedores.

Os socialistas explican que o barrio de Bandourrío, en pleno centro urbano de Ribeira, “pasa por unha zona de gran tránsito peonil”, en boa medida por albergar uns cantos edificios administrativos e tamén por contar cun dos principais espazos de lecer de Ribeira: o parque Pedra Pateira e o inicio do paseo do Touro. “Estes feitos delitivos”, sinalan, “requiren dunha resposta inmediata por parte das forzas de seguridade da localidade, de cara a identificar aos autores destes actos vandálicos, e que respondan no resarcimento dos danos causados nos bens alleos”.

En base a isto, a agrupación pregunta sobre o seguinte:

-Que medidas, por parte de quen corresponda, seguridade cidadá, delegación de tráfico, ou alcaldía, vanse tomar para esclarecer estes actos incívicos, identificar aos autores dos danos neses vehículos; e para mitigar ou que non volvan a producirse na nosa localidade?

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.