Ribeira abre o prazo para solicitar os bonobuses para ensino oficial fóra de municipio

04 Setembro 2019

20190904. Os estudantes que están cursando ensinanza oficial regrada noutros puntos de Galicia xa poden tramitar os bonobuses para o curso 2019-2020 que subvenciona o Concello ribeirense no marco do plan Riveira MOVe.

Os requisitos a ter en conta son estar empadroados no municipio e cursar ensinanza oficial regrada que non se poida estudar no concello. Entre os destinos subvencionados atópanse Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra.

O impreso de solicitude de bonobús poderase descargar desde a páxina web do Concello http://www.riveira.es/wp-content/uploads/2019/08/SOLICITUDE_bonobus_19_20.pdf ou tamén collelo fisicamente na Oficina de Atención ao Cidadán (OAC).

Xunto co impreso deberá achegarse copia do DNI e copia da matrícula do curso 2019-2020.

Así mesmo, a solicitude deberá ser presentada coa documentación complementaria na Oficina de Atención ao Cidadán (OAC) do Concello ou por vía telemática en https://ventanilla.riveira.es/.

A autorización conforme poden ir comprar os seus bonos de viaxe co desconto, enviaráselles ás persoas interesadas ao correo electrónico. Os talonarios de viaxes -bonobuses- retiraranse nas respectivas empresas previa presentación da autorización expedida polo Concello.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...