Ribeira reparte de balde guías adhesivas sobre a nova tarifa eléctrica

09 Xullo 2021

A nova tarifa eléctrica provocou diversos cambios nos hábitos da cidadanía, que en moitos casos seguen a ter problemas para entender como funciona este novo plan. Para poñer solución a esta cuestión, o Concello de Ribeira vén de editar unha guía informativa adhesiva co obxectivo de facilitar a comprensión dos horarios aplicables na nova tarifa eléctrica.

Así, deseñouse un pequeno imán que se pode adherir á porta dos electrodomésticos no que, a través das cores dun semáforo, permitirá saber en que tramo horario nos atopamos (val, chan ou punta). O Concello fixo unha tirada inicial de 3.000 unidades, e pódense recoller de balde na Oficina Municipal e Información ás Persoas Consumidoras, na Casa do Concello e no Departamento de Servizos Sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.