O CEIP de Nebra protagonizou unha andaina solidaria a prol da Cruz Vermella de Noia

18 Xuño 2021

A pasada finde (o sábado 12) a comunidade do CEIP Sobrado de Nebra (Porto do Son), formada por nenas, nenos, familias e profesorado, participou nunha andaina solidaria dirixida a recadar apoios para a Cruz Vermella de Noia.

Na experiencia, un percorrido guiado de seis quilómetros (no que os guías foron os propios escolares, dando conta dos tesouros ambientais, arquitectónicos e culturais que lles ían saíndo ao paso), participaron case 100 persoas.

Colaboraron a Cruz Vermella de Noia e a Policía Local.

Por certo que entre as fileiras dos camiñantes solidarios había representantes de até tres xeracións diferentes dentro dunha mesma familia.

A iniciativa tivo a súa orixe na aula de primeiro e segundo de Primaria, baixo o lemaCambiamos quilómetros reais por virtuais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.