Amicos realiza unha entrega de diplomas de cinco cursos do programa PIE para mulleres desempregadas

08 Xuño 2021

Na mañá de hoxe levouse a cabo no Viveiro de Empresas de Ribeira a entrega de diplomas de varias formacións realizadas no marco do Programa Integrado de Emprego Asociación Amicos 2020-2021. Neste proxecto participan 100 mulleres en risco de exclusión social e desempregadas das cales 70 son de Ribeira e 30 de Boiro. No acto de hoxe acudiron 45.
A través do Programa Integrado de Emprego conseguíronse ata o momento 26 insercións laborais das 45 que ten como obxectivo final o Programa.
“Amicos deume moita confianza, explicáronme moi ben todas as alternativas que teño para acadar os meus obxectivos” indicou Carmen Sobrido, beneficiaria do programa, que está moi agradecida por todos os coñecementos que está adquirindo para atopar traballo.
“Este programa estame aportando motivación e mostrando que aínda teño todo un futuro laboral por diante” indicou María Concepción Domelo, que ven de finalizar o curso de inglés.
Pola súa banda, Leticia Mos, conseguiu traballo no Gadis de Ribeira no departamento de carnicería tras facer as prácticas do Curso de Auxiliar de Sección de Produtos Frescos.
No acto tamén estiveron presentes Ramón Doval Sampedro, concelleiro de Turismo, Relacións Institucionais e Promoción Económica e Víctor Reiriz, concelleiro delegado de Seguridade e Mobilidade Cidadá do Concello de Ribeira. Por parte da asociación, estiveron presentes Miguel Beiro, responsábel da área de emprego e empresas da
Asociación Amicos e Rocío Vázquez, técnico de desenvolvemento de persoas do PIE; María Ángeles Sampedro; prospectora de Emprego do PIE. Tamén os acompañou Luisa Vidal, de Nexo ETT.

PROGRAMA POR QUENDAS DO ACTO
· 10:00 a 10:15h – Entrega de diplomas de Curso Auxiliar de Sección de Produtos Frescos – (90 horas teóricas y online – 60 horas de prácticas). Prácticas de Formación en Supermercados Gadis e Eroski de Ribeira con 15 alumnas, que puideron formarse nos departamentos de peixería, froitería, charcutería, carnicería.
· 10:15:10:30hh – Entrega de diplomas de Curso de Informática internet, redes sociais e dispositivos dixitais – (30 horas – online) con 15 alumnas.
· 10:30 a 10:45h – Entrega de diplomas de Curso de Inglés – (30 horas online).
· 10:45 a 11:00h – Entrega de diplomas de Curso de Manipulación de Alimentación de alimentos e seguridade alimentaria (4 horas – presencial) con 15 alumnas.
· 11:00 a 11_15h – Entrega de diplomas de Curso de Seguridad Alimentaria – Xestión de Alérxenos (2 horas – presencial) con 15 alumnas.

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO ASOCIACIÓN AMICOS 2020-2021
Este programa conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través dunha subvención que contempla máis de 500 sesións formativas individuais de activación orientación e coaching con máis de 1.200 horas de instrución.
Ao longo dos doce meses de programa están recibindo formación en ámbitos como as novas tecnoloxías, idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional, motivación, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, ademais da orientación e o asesoramento en prol da súa inserción laboral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.