O Concello de Rianxo achega un servizo oficial para o rescate e a protección dos animais

26 Maio 2021

O Concello de Rianxo impulsou unha iniciativa para incrementar a calidade de vida dos animais, reforzar a atención sanitaria que se lles brinda e, en última instancia, facer medrar as posibilidades de atoparen un fogar en condicións. Trátase do Servizo Oficial de Rescate e Protección de Animais Domésticos do Concello de Rianxo, dende o que se despregan traballos de recollida, manutención, adopción, prevención e demais servizos para o benestar dos animais en situación de desamparo e a loita contra o abandono de animais no termo municipal.

O equipo de rescate e protección ten habilitada unha conta de correo electrónico para facilitar as adopcións entre a cidadanía: info@xeagalicia.com.

O Concello explicou que “todos os servizos son xestionados a través dun centro legal para a xestión dos animais abandonados”. A canle fica aberta para que “calquera veciño do concello, no caso de perda do seu animal, poida facilitar información e imaxes, para difundir dende esta plataforma oficial e asi amplificar as posibilidades de recuperación”.

En palabras do Concello, “trátase dun gran paso para xestionar e loitar contra a lacra do abandono animal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.