En Porto do Son, o Concello recupera o esplendor das fontes do termo municipal

19 Maio 2021

O Concello de Porto do Son quere seguir reivindicando o seu rico patrimonio e poñelo en valor de cara ao desenvolvemento cultural, económico e turístico do termo municipal.

Fonte do Castrallón

Nesta tempada, entre outros tesouros locais, o Goberno sonense está a poñer o foco nas fontes, das que Porto do Son posúe unha manchea de exemplos destacados, non só pola calidade das augas senón pola importancia histórica e artística das construcións que as acompañan.

Fonte de Resúa

Estes días o Concello compartiu os traballos de acondicionamento, restauración e limpeza levados a cabo na Fonte do Castrallón e tamén na Fonte de Resúa.

Fonte de Calo

A estes traballos cómpre engadir os desenvolvidos na contorna da Fonte de Calo e máis na da Fonte de Jansín.

Fonte de Jansín

O Concello tamén compartiu imaxes e datos do remate das obras realizadas na rúa da Fonte de Portosín, no que foron investidos 100.000 euros para “mellorar o aspecto xeral da vía, redefinir o ámbito dando prioridade ao peón, renovar o pavimento, eliminar as barreiras arquitectónicas, así como limpar e encintar a fonte do lugar, que xa loce impoluta”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.