Ribeira acolleu a presentación da Biblia Infantil en Galego co gallo das Letras

15 Maio 2021

Este venres a Asociación Xuntos por Galicia fixo a presentación dunha Biblia Infantil en Galego. Trátouse dun evento de carácter relixioso, cultural, formativo, festivo, musical e de reivindicación de valores fundamentais.

O pastor evnaxélico Jonathan Figueirido acompñado do alcalde Manuel Ruíz

O acto tivo lugar no Auditorio xa que chuvia impediu que se celebrase o aire libre na Praza do Concello, como inicialmente estaba previsto. Durante o encontro realizouse a lectura pública en galego de pequenos fragmentos da Biblia.


A única versión completa en galego foi publicada en 1ª edición no 1989 pola editorial SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos). A súa tradución foi coordinada polo teólogo, autor e catedrático aguiñense, Andrés Torres Queiruga.

Momento da lectura da Biblia

O acto consistiu na presentación en primicia da traducción ao galego da Biblia Infantil: “O Libro de Historias sobre Xesús”. Foi publicada a fináis do 2020 por Andamio Editorial e coeditada polo Consello Evanxélico. Na tradución e revisión do texto en galego participaron varios profesores veciños de Ribeira.

O párroco de Santa Uxía Alfonso Mera

O acto, estivo precedido de música tradicional galega, e estivo promovido pola Igrexa Cristiana Evanxélica ICE Renovación, coa colaboración da Parroquia de Santa Uxía de Ribeira e o Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.