O BNG atende as demandas veciñais sobre a seguridade viaria, internet e limpeza nas Carolinas e Deán

09 Abril 2021

O BNG de Ribeira trasladará ao pleno do Concello de Ribeira as demandas da veciñanza das Carolinas e Deán, co fin de “mellorar a seguridade viaria, internet e limpeza nas zonas”, sinalaron.

Así, por un lado os nacionalistas propoñen a instalación dunha beirarrúa na rúa Sidreiras que garanta a seguranza viaria dos peóns. Segundo o BNG, esta demanda vén desde o 2017 e afirman que “esta reivindicación foi trasladada por parte da veciñanza en múltiples ocasións e desde entón o goberno local nada fixo”. Ademais, a agrupación reclama un pavimentado previo da zona ante o deterioro do firme actual.

Por outra parte, o BNG tamén tomou nota doutra das demandas dos veciños ribeirenses. Así, reiteran a necesidade de “solicitar ás compañías a mellora da conexión nestas zonas rurais para garantir un servizo igual independentemente de onde se viva”. O conselleiro Pérez Barral tamén ficou a atención nas carencias de limpeza nas rúas e cunetas na Carolinas e Deán, e pide “a instalación de papeleiras en zonas como o paseo de Coroso ou na avenida da Coruña”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...