Últimas prazas para os cursos de técnica “gyotaku” do Museo do Gravado de Artes

02 Maio 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) informou de que xa está na súa recta final o prazo para inscribirnos no ciclo de obradoiros de técnica gyotaku que se vai desenvolver esta primavera, dirixido polo profesor José Fuentes Esteve (Universidade de Salamanca e Instituto Universitario de Investigación en Arte y Tecnología de la Animación da USAL). Os cursos, que están esgotando as vacantes dispoñíbeis, están limitados a 13 prazas por sesión e van dirixidos a artistas plásticos e/ou licenciados/as en Belas Artes ou xente interesada no mundo da estampa. As inscricións realizaranse por rigorosa orde de inscrición en fundartes@fundartes.gal

Os cursos realizaranse os días 7, 8 e 9 de xuño de 2024 e 10, 11 e 12 de xuño de 2024 (só podemos inscribirnos nun dos dous cursos).

O gravado gyotaku, para quen nono o saiba, o gyotaku é un método tradicional artístico xaponés. Esta técnica consiste na impresión natural dun obxecto, na súa orixe peixes (gyotaku é unha palabra composta na que “gyo” significa “peixe” e “taku” significa “fregar”). Esta técnica data de mediados de 1800. Trátase dunha forma de impresión natural que foi empregada usada por pescadores que querían ter un rexistro das súas mellores capturas, pero tamén converteuse nunha forma de arte.

Horario dos cursos
Venres: de 16.00 a 20.00 h
Sábado: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h
Domingo: de 10.00 a 14.00 h

Luns: de 16.00 a 20.00 h
Martes: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h
Mércores: de 10.00 a 14.00 h

Profesores
José Fuentes Esteve
Antonio Navarro
Isabel Carralero

Lugar da realización
Obradoiro de Gravado da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital
Lugar de Outeiro, 52 – 15969 – Artes (Ribeira – A Coruña)
Tlf.: 981871342
Email: fundartes@fundartes.gal

Prezo da inscrición 350 €
Más información no teléfono 981 871 342 ou no e-mail: fundartes@fundartes.gal

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...