“Saber aproveitar”. Antón Luaces

07 Abril 2021

Nos vindeiros días vai reunirse en Santiago a Mesa do Polbo. Unha  reunión que, na próxima semana, resultará de sumo interese porque a Comisión de Seguimento do Plan do Polbo ten por diante decisións a tomar que poden -ou deben-  adoptar determinacións que permitan manter en pé todo un sector, o do polbo, fundamental para o litoral galego cuxos “polbeiros” están a reportar hoxendía a visibilización no mar dunha importantísima cantidade de polbo pequeno. Este feito permite, a día de hoxe, albiscar -aínda en plena costeira- un futuro que pode e debe ser espléndido para as embarcacións adicadas a este cefalópodo durante todo o ano ou no período que contemplan os permisos de explotación.
Por outra banda, hai “polbeiros” que constatan a existencia de moitas femias de polbo ovadas que, ao contrario do que establecen as normas, non son depositadas no mar en caso de captura accidental, senon que as levan a bordo (con toda seguridade para vender a alguén) nunha evidencia de irresponsabilidade que para nada cadra coa preocupación do propio sector, afectado como está pola escaseza deste elemento fundamental na cociña galega que é o polbo.Moita da responsabilidade do estado no que se desenvolve en Galicia a campaña do polbo recae nos mariñeiros que teñen licenza para a súa captura, conformes ou non coas normas e sistemas que a Consellería do Mar aplica para a súa captura. E se, como digo e confirman algúns mariñeiros consultados, non se respectan vedas nen condicións de captura, sempre será o sector o que pague as consecuencias da dimunición do stock.Desas femias ovadas depende, como moi ben sabe o sector, a capacidade de recuperación dese sotck e, polo tanto, da resposta que os caladoiros poidan dar á demanda que se sabe é segura. Se non coidamos o que temos, malamente os pescadores galegos de polbo poderán laiarse a posteriori da enorme capacidade de entrada no noso mercado de polbo procedente doutras latitudes -significativamente de Marrocos e Mauritania- que, para maior dano, invade os mercados europeos  gañados con moito esforzo polos “polbeiros” de Galicia.Aproveitar todas as oportunidades non quere dicir, nen moito menos, que unha femia ovada, un exemplar de polbo de tamaño menor ó fixado pola Consellería do Mar, teña que levarse a un mercado non sempre regular que, nin moito menos, garante o futuro por moito tempo dun sector que precisa estabilidade.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.