“Quitemos as caretas”. Celia García Pillado

02 Abril 2021


Estou cansa de escoitar a historia terxiversada ano tras ano, e van xa corenta e tantos
anos da morte do sátrapa ditador, a fascistas disfrazados de demócratas que enchen a
boca falando de dereitos humanos, liberdade e democracia; contar as bondades dun
réxime cruel, desapiadado e sanguento que causou miles de encarceramentos,
torturas, violacións e mortes durante tantos anos.
Por proximidade voume centrar na nosa contorna. Aquí non houbo guerra
propiamente dita. Aos poucos días do alzamento militar contra o goberno lexítimo da
Segunda República, toman o mando os fascistas e aí empezou a barbarie contra unha
grande parte da poboación, homes, mulleres, nenos e nenas sufrindo a crueldade máis
brutal que un ser humano pode infrinxir a un semellante. A consigna do Réxime era
clara: crear o terror na poboación.
A purga e depuración realizada polo bando sublevado comezou practicamente o 18 de
xullo, continuando durante os anos da guerra e sendo, se cabe, máis cruel nos anos da
posguerra.
Podería contar as historias de centos de familias que viviron o martirio da represión en
todas as nosas parroquias e pobos veciños e, sabedes por que? Simple e sinxelamente,
na maioría dos casos, por pensar diferente, por rifas persoais, por pertencer a un
sindicato, por ter asistido a un mitin, por ir a unha folga, por ser mestra/e, incluso por
bordar unha bandeira, si por bordar! Ese simple acto que agora nos parece incrible
costoulle a unha muller deste pobo moita dor e moito sufrimento.
Porque as mulleres sufriron unha represión específica “ideolóxica e de xénero”. Eran
rapadas, obrigadas a inxerir aceite de rícino que lles provocaba diarreas constantes ao
tempo que eran paseadas polas rúas dos pobos cun tambor diante para que todo o
mundo saíra ás portas das súas casas e as viran, obrigadas a facer o saúdo fascista e
marcadas na fronte coas iniciais UHP (uníos hermanos proletarios), consigna que
simboliza a alianza obreira da Federación Socialista Asturiana do ano 1934. En moitos
dos casos, despois de todas esas vexacións, eran violadas, asasinadas e abandonadas
en cunetas onde moitas aínda continúan, porque hasta o duelo lles arrebataron ás
súas familias.
Homes torturados xunto coas súas familias, condenados a morte e en moitos casos
paseados, tirados ou enterrados en fosas comúns, fillos roubados ás súas nais…
Todos estes feitos que parecen irreais por toda a crueldade que reflexan non son
inventados, son feitos probados e que a maioría das persoas maiores recordan, pero
non é fácil revivir un pasado tan cruel para algúns. Outros o queren esquecer porque
formaron parte da barbarie ou simplemente miraron para outro lado.
Esas consignas tan recorrentes de que non se pode vivir sempre con rancor, que hai
que mirar para adiante e esquecer o pasado, que fácil resulta, verdade? Cando ti tes
aos teus nun lugar digno, non desaparecidos en quen sabe onde, cando puideches
darlle no seu último alento unha palabra de consolo, cando puideches despedilo e
choralo, que clase de ser es cando non podes chegar a poñerte na pel desas persoas?
Simplemente creo que es un ser desprezable e cruel.
O único que sinto por esas persoas é desprezo, por seguir maquillando unha verdade
que non son quen de recoñecer, con argumentos miserables e, en moitos casos,
falsos.
Pero ao mesmo tempo non queren que o resto da sociedade os recoñeza como o que
son, fascistas en toda a intensidade do significado, porque sempre recorren ao
arrebato de “Yo no dije eso. Retráctese!”.

Despois tamén temos os que si pero non, os de discurso que hasta podemos cualificar
de afable, pero que son tanto ou máis fascistas que os anteriores, réptiles perigosos
que están acazapados, aproveitando o traballo dos outros, pero que se unen á causa
no momento preciso.
Non queremos nin debemos esquecer a tantas mulleres e homes que deron a súa vida
por un mundo máis xusto e igualitario.
Quixéronnos enterrar pero non sabían que éramos semente.

Outros artigos

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.