O comercio de Portosín impulsa a esta finde a terceira edición da súa Feira Outlet

11 Marzo 2021

O noso comercio está a poñer en marcha actividades para revitalizar o sector, estreitar vencellos coa cidadanía e, tamén, recompensar a fidelidade dos cidadáns durante os tempos máis críticos da pandemia. Un exemplo disto é a terceira edición da Feira Outlet de Portosín, que se celebra esta finde, os días 13 e 14 de marzo, impulsada pola AEP (Asociación de Empresarios de Portosín) en colaboración co Concello de Porto do Son e o Programa Azul de Portosín.

A terceira convocatoria do evento vén co obxectivo de “dar vida ao comercio local”, en palabras da organización, ao tempo que se garanten as máis estritas medidas de seguridade sanitaria e póñense en xogo importantes descontos nos locais participantes (de até o 70%) para clientes locais e visitantes.

A mesmo tempo, recompensarase o apoio da cidadanía ao comercio local e de proximidade con premios relacionados cos locais de hostalería integrados na AEP. A feira terá representación dos seguintes sectores: mercería, moda, zapatería, peiteados, lencería, manualidades, personalización, menaxe e fogar. A maiores, haberá un gran premio para quen faga compras na feira: unha gran cesta con produtos locais dos participantes. O horario é de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.