A travesía de Manzanares, en Bandourrío (Ribeira), pasa a ser de sentido único

09 Febreiro 2021

Dende este 9 de febreiro a travesía de Manzanares, no barrio de Bandourrío de Ribeira (na contorna do parque de Pedra Pateira), é unha rúa máis segura e accesíbel. O motivo: a decisión do Concello de facela de sentido único, cousa que se fixo efectiva este martes, precisamente, coa colocación da sinalización axeitada por parte dos operarios da brigada municipal de obras.

Con este cambio, informou o Concello, dáse resposta a unha demanda veciñal dos habitantes do barrio de Bandourrío, que solicitaban pasar do dobre carril a un único para afianzar a seguridade no tráfico da contorna.

Deste xeito, os condutores poderán acceder á travesía dende a estrada DP-7303 e saír pola praza de Pontevedra, xunto á delegación de Pesca.

Así mesmo, e recollendo tamén as suxestións dos veciños do barrio, o Concello procedeu a instalar novas papeleiras na rúa Manzanares, un viario que vai ser obxecto en datas vindeiras da segunda fase da renovación da pavimentación, substituíndo as lousas de pedra de granito (que por mor do tráfico rodado rexistran frecuentes roturas) por unha máis resistente capa de formigón pulido. A actuación (que dá continuidade a realizada o ano pasado no tramo entre a praza de Compostela e a praza de Pontevedra) será executada unha vez máis pola brigada de obras e comprenderá uns 80 metros lineais, así como unha superficie de 400 metros cadrados da praza de Pontevedra.

Ademais, a veciña rúa Perú será obxecto de labores de mantemento.

Ampliación do parque infantil

Por último, e co mesmo obxectivo de mellorar o barrio de Bandourrío, o Concello lembra que a semana pasada aprobouse en pleno extraordinario incluír dentro do POS complementario a ampliación e renovación do parque infantil de Pedra Pateira, que cun orzamento de 171.831,47 € supón a primeira fase da remodelación integral da devandita zona de lecer. “De acordo co proxecto técnico elaborado”, engadiu o Goberno ribeirense, “a actuación aprobada incluirá dotar de novos e modernos xogos ao parque e estender unha superficie de caucho continuo, ademais de substituír o valado existente e reforzar a drenaxe da auga de chuvia cunha nova liña de pluviais”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...