No Son, ampliarase co POS+2021 o saneamento das parroquias e melloraranse rĂșas e infraestruturas

05 Febreiro 2021

En Porto do Son vanse acometer, a travĂ©s das achegas da DeputaciĂłn por medio do POS+2021 (Plan de Obras e Servizos), importantes proxectos que melloren as infraestruturas e os servizos do concello e, tamĂ©n, que contribĂșan a acelerar a recuperaciĂłn unha vez que remate a situaciĂłn crĂ­tica actual. Son un completo feixe de actuaciĂłns concretas a desenvolver en todos os recantos do termo municipal, por exemplo en Mantoño (PortosĂ­n), Esparrelle (Caamaño) ou Cans (Nebra), onde se destinarĂĄn ao saneamento 75.292 euros, 193.328 euros e 119.213 euros, respectivamente.

TamĂ©n haberĂĄ traballos de pavimentado e pluviais en Camaño (93.000 euros) e iniciativas de humanizaciĂłn na contorna da igrexa de Baroña (152.059 euros) e na rĂșa Santa Irene, na vila do Son, cunha contĂ­a de 165.147 euros. Amais, acondicionarase a praia do Cruceiro, acometerase o inicio da rehabilitaciĂłn do Outeiro Alto, ampliarase e optimizarase o parque infantil de Xuño, mellorarase a praza de Xerardo DĂ­az e incrementarase a rede de saneamento en Eiravedra e Beneso.

Previamente o Concello fixo saber que os 162.801 euros dispoñíbeis para gastos sociais e extraordinarios da COVID (Plan Único da DeputaciĂłn) destinarĂ­anse a iniciativas como reforzar o persoal adscrito aos servizos sociais, axudar ĂĄs familias na escolarizaciĂłn dos seus fillos e na adquisiciĂłn de material informĂĄtico, e, tamĂ©n, prestar servizo de atenciĂłn a domicilio na modalidade de dependencia.

Outros artigos

Porto do Son celebra as Letras Galegas con mĂșsica tradicional

O Concello de Porto do Son vai celebrar con mĂșsica tradicional o DĂ­a das Letras Galegas, este 17 de maio, adicado ĂĄ poeta coruñesa LuĂ­sa Villalta. AsĂ­, ademais das mancheas de actividades conmemorativas que se estĂĄn a desenvolver estes dĂ­as nos centros educativos do...

+


Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacĂ­a na sĂșa ediciĂłn dixital obarbanza.gal e uns dĂ­as despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo CĂłdigo Cero ComunicaciĂłn. DicĂ­amos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...