Patricia Torrado presenta este 19 de maio na súa terra (O Son) o seu libro “Ouveos fractais”

14 Maio 2024

A Casa da Cultura de Porto de Son vai acoller este domingo 19 de maio a presentación do libro Ouveos fractais, da escritora local Patricia Torrado Queiruga, que estará acompañada na cita literaria pola arpista Clara Pino, e tamén pola secretaria da Asociación Cultural Barbantia, Milagros Torrado. A presentación, organizada por Barbantia e o Concello sonense, dará comezo ás 19.00 horas.

Patricia Torrado Queiruga, nada en Porto do Son en 1987, é unha escritora, xornalista e museóloga galega, ademais de experta en conservación e restauración do patrimonio e activista cultural. En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato Silencios náufragos. En decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.