A festa do Día da Xuventude fai unha parada este 10 de maio en Porto do Son

09 Maio 2024

A Xunta de Galicia (Xuventude Galicia) está a festexar ao grande o Dia da Xuventude: cunha xira pola xeografía galega que este mes de maio fará unha parada en Porto do Son. A xornada, unha das grandes citas de lecer da mocidade galega, virá cunha axenda ateigada de actividades e obradoiros que teñen como obxectivo sensibilizar, entreter e formar a mozas e mozos. Será o venres 10 de maio en horario de tarde: de 16 a 21 horas, na contorna da avenida de Galicia de Porto do Son (explanada portuaria). O colofón do encontro xuvenil virá da man da Flow del Norte, que actuará a partir das 20.30 horas. Quen precise máis información pode solicitala a través de @xuventudegalicia e xuventude.xunta.es.

Ofreceranse obradoiros e actividades de gastronomía saudábel, habilidades, para a empregabilidade, sensibilización medioambiental, igualdade de xénero e arte urbana. Haberá tamén xogos de fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, LEGo e escape box.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión